Estamos en crise? Rotundamente, non
Agora, non. Sempre estivemos en crise. Eu levo en crise desde sabe o carallo cando. Levo en crise dende que nacín, que nunca recordo unha saída cos meus pais máis aló do Corte Inglés de Madrid. Levo en crise dende cando estudiaba, que non podía meterme tripis, pastillas e cannabis. Mantiven a crise cando cazaba algunha chorbita, coa que pactaba, antes do primeiro polvo, que iamos a medias cada vez que saiamos de restaurante, perdón, de Mc Donalds. A crise foi repugnante na miña primeira gran viaxe, cando estudiaba na Laboral, no Burgo, e fomos a Mallorca nun puto autobús, sen durmir, ata Valencia, onde pillamos un barco (que tortura...) e eu e os meus amigos tivemos que sobar (eu non o logrei, para variar) en butacas mentras os pijos (non me olvido dos vosos caretos, que o saibades) estirábanse en camarotes. E vivo en crise hoxe, mirando a mediados de mes como van os meus amigos de Caixa Galicia, aos que agradezo, iso si, que me presten un piso no que vivo, do tipo HM (Hipoteca Mediante), sen poder ir de veraneo, que horrible expresión, quince días ao último nardo.
Iso, amigos, é a crise.
Pero porque agora falan de crise?
Eu nunca deixei de tomar mortadela. Quéixanse os que a teñen que probar agora?
Os bares están baleiros?
Segue habendo enchufados?
E fillos de papá? Moitos? Mogollón deles?
E os restaurantes?
Non é España campioa de Europa?
As axencias de viaxes pecharon?
As festas gastronómicas botaron freno?
Cantos coches de grande cilindrada vedes pola rúa?
E pisos de flipar?
É o que hai...



